Sunday 28 de April de 2024

Unha nova actividade dirixida á rapazada fusiona o baile e o deporte


A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), presenta unha nova actividade que fusiona o baile e a actividade física baixo o nome Móvete bailando.

Dirixida a rapazada de entre 7 e 12 anos, esta proposta impartirase os luns e mércores, en horario de 11.00 a 12.00 horas, nas pistas deportivas Raquel Fernández Soler. As persoas interesadas poden solicitar máis información e formaliza-las inscricións na oficina de Deportes do Concello, situada na casa da cultura e xuventude, co teléfono de contacto 981831545.